Madrugada, o porto adormeceu, amor, a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol na noite gardei a túa memoria
Perderei outra vez a vida cando rompa a luz nos cons,
perderei o día que aprendín a bicar palabras dos teus ollos sobre o mar,
perderei o día que aprendín a bicar palabras dos teus ollos sobre o mar
Veu o loito antes de vir o rumor, levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz, as redes baleiras, sen gaivotas
E dirán, contarán mentiras para ofrecerllas ao Patrón: